|
Temas
Archivos
Enlaces
blogs persoais
Otros
|
13/12/2004
Waver 2.92 Programa Shareware que convirte wav a MP3, de xeito sinxelo e masivo. Se queres descargar o programa, faino dende a páxina do autor. Para ter o programa en galego só tes que descomprimir este arquivo no cartafol languages, onde teñas instalado o programa; despois aparecerá o galego na opción de idiomas disponíbeis.
03/12/2004
IZArc v 3.4 IZArc é un Freeware capaz de comprimir e descomprimir múltiples formatos. O seu uso é moi sinxelo, xa que se incorpora ao Internet explorer e a Windows. formatos soportados:7ZIP, ACE, AR, ARC, ARJ, BGA (GZA), BH, CAB, CPIO, Debian, ENC, GCA, GZ, HA, JAR, LHA, LHZ, MBF, MIM, PAK, PK3, RAR, RPM, TAR, TAZ, TBZ, TGZ, UUE, XXE, YZ1, Z, ZIP y ZOO. Para baixar o programa visitade a páxina do autor. Para ter o programa en galego, descomprime este arquivo dentro do cartafol languages onde teñas instalado o programa. Agora o idioma galego aparecerá na opcións de lingua do programa e só tes q seleccionalo.
30/11/2004
HighGrow v3.0 HighGrow é, polo de agora, o único xeito que tes de plantar Marihuana legalmente. Ademáis disto, esta utilidade FreeWare é moi educativa, xa q ti controlas o fotoperiodo, rego, fertilización das plantas, poda... e isto inflúe no desenrolo das mesmas, deste xeito podódese aprender ó importante q é a carencia ou exceso destes elementos no ciclo vital da planta. Para baixar o programa, recoméndovos visitar a páxina do autor, en inglés, onde obteredes información acerca do cultivo do cannabis e a utilización deste programa. E aquí tedes o parche para o galego, só tedes que substituir o arquivo .exe orixinal polo que baixedes dende aquí. Interface en galego Office 2003 Por fín saíu, con meses de atraso, o paquete de traducción do Office 2003 ao galego, podédevos informar e baixalo dende a páxina de MocoSoft. Traduce os seguintes programas:* Microsoft Office Word 2003 * Microsoft Office Outlook® 2003 * Microsoft Office PowerPoint® 2003 * Microsoft Office Excel 2003 Requisitos do sistemaSistemas operativos compatibles: Windows XP Software requirido: A versión en Español de calquera paquete Office 2003, como por exemplo, a Edición Professional ou a Standard do Microsoft Office 2003, ou ben a versión en Español dun determinado programa do Office 2003 que soporte o Paquete de interface en Galego para o Office 2003 (Excel 2003, Outlook 2003, PowerPoint 2003, ou Word 2003). . O Paquete de interface en Galego para Office 2003 tamén pode ser instalado por riba do Paquete de interface de usuario multilingüe para o Microsoft Office 2003 con soporte para Español. Requisitos de espazo en disco: Ademais do espazo en disco utilizado polos programas do Office 2003 xa instalados, precísanse 10 megabytes (MB) de espazo no disco ríxido.
02/09/2004
AMP Font Viewer É un programa freeware visualizador de fontes de texto extraordinariamente práctico, có que podes ver todas as fontes que teñas instaladas no teu sistema dunha soa ollada, ordeadas por columnas nunha soa xanela. Se o desexas, tamén podes visualizar as fontes unha por unha, nunha xanela aparte, có texto de exemplo, cor, tamaño e formato que queiras. Tamén permiteche organizalas por categorías e imprimir unha lista con exemplos de cada unha. Tamén é quen de instalar temporalmente unha ou varias fontes para utilizalas no momento liberando deste xeito ao teu computador da carga que supón ter unha morea de fontes instaladas. O programa non precisa instalación, simplemente descomprime este arquivo e executa o programa, para telo en galego terá que ir ao menú languages e escoller o idioma "español". P.D. Sinto non ser capaz de facer que poña "galego" en lugar de "español" e sobre todo, non dar eliminado a horríbel icona que acompaña, pero é o que hai.
01/09/2004
4Musics Multiformat Converter 1.3 4Music converter é un Shareware conversor entre cualquera combinación de arquivos de son MP3, Ogg, WAV e WMA, con opcións extra de edición Algunhas das súas características son a conversión rápida, tanto de realización coma de preparación, un total de ata 16 posibilidades de conversión, non usa datos temporais para os procesos, conversión en masa mediante filtros, soporta a tecnoloxía Drag&Drop, edición dos TAG ID3v1, Engádese ao menú contextual, etc. As posibilidades de conversión son: WAV -> MP3 (MP3 codificador) WAV -> WMA (WMA codificador) WAV -> Ogg (Ogg Vorbis codificador) MP3 -> WMA MP3 -> WAV (MP3 decodificador) MP3 -> Ogg WMA -> MP3 WMA -> WAV (WMA decodificador) WMA -> Ogg Ogg -> MP3 Ogg -> WAV (Ogg Vorbis decodificador) OGG -> WMA WAV -> WAV (WAV cambio de bitrate) MP3 -> MP3 (MP3 cambio de bitrate) WMA -> WMA (WMA cambio de bitrate) Ogg -> Ogg (Ogg cambio de bitrate) Para baixar o programa preme aquí. Para obter o programa en galego, baixa este arquivo e descomprimeo no catafol "lang" onde teñas instalado o programa, ao entrar no programa o galego aparecerá como opción dentro do menú "language"
08/07/2004
Foto-Mosaik 3.5.0 Programa Freeware que te permite crear fotos mosaico dun xeito sinxelo obtendo un resultado como os desta galería. Para baixar o programa preme aquí. Para ter o programa en galego, baixa este arquivo e descomprímeo onde teñas instalado o programa substituindo ao arquivo existente. E xa está, agora só tes que ser creativ@. Power DVD XP v 4.0 O parche para galego, q podedes baixar dende aquí está feito sobre a versión 4 do Power DVD, que é o que eu uso, proveino en versións superiores e vai, ainda que restando moitas opcións. Eu non atopei ningunha ligazón válida onde baixar a versión v4.0. Se alguén a atopa agradecería que me informase para pola a disposición de tod@s. Se non, pois utilizádeo os que teñades esta versión
18/06/2004
PDF Creator 0.8.0 PDFCreator é unha utilidade Freeware coa que poderás crear arquivos PDF dende calquera aplicación, dende o Bloc de notas ata Word, Excel, etc. Este programa funciona simulando unha impresora, deste xeito, instalando PDFCreator todas as túas aplicacións con opción para imprimir permitiranche crear arquivos PDF nuns segundos. Para crear un arquivo PDF no fai faia que mudes a aplicación que estés a usar, simplemente vai á opción "imprimir" e selecciona "PDFCreator", en segundos tenrás creado o teu arquivo PDF. Rápido e sinxelo. Baixa o Programa dende este enlace. Para telo en Galego, baixa o seguinte arquivo comprimido e descomprímeo no cartafol "Languages" onde teñas instalado o programa. Logo, entra no programa e a opción "Galego" aparecerá no menú "Language". PC Inspector File Recover Trátase dun programa de licencia Freeware moi útil para recuperar arquivos e cartafoles perdidos dos nosos disquetes ou discos duros. Recupera arquivos e cartafoles de discos formatados con formato rápido, borrados, perdidos... Tamén é que de recuperar unidades perdidas que non sexan recoñecidas polo sistema. Tedes que ter instalado o programa orixinal, que podes baixar dende aquí. E acontinuación instalades o Pack de Idioma Galego. E xa o tedes.
|