
É un programa freeware visualizador de fontes de texto extraordinariamente práctico, có que podes ver todas as fontes que teñas instaladas no teu sistema dunha soa ollada, ordeadas por columnas nunha soa xanela.
Se o desexas, tamén podes visualizar as fontes unha por unha, nunha xanela aparte, có texto de exemplo, cor, tamaño e formato que queiras. Tamén permiteche organizalas por categorías e imprimir unha lista con exemplos de cada unha.
Tamén é quen de instalar temporalmente unha ou varias fontes para utilizalas no momento liberando deste xeito ao teu computador da carga que supón ter unha morea de fontes instaladas.
O programa non precisa instalación, simplemente descomprime este
arquivo e executa o programa, para telo en galego terá que ir ao menú languages e escoller o idioma "español".
P.D. Sinto non ser capaz de facer que poña "galego" en lugar de "español" e sobre todo, non dar eliminado a horríbel icona que acompaña, pero é o que hai.