
Por fín saíu, con meses de atraso, o paquete de traducción do Office 2003 ao galego, podédevos informar e baixalo dende
a páxina de MocoSoft.
Traduce os seguintes programas:* Microsoft Office Word 2003
* Microsoft Office Outlook® 2003
* Microsoft Office PowerPoint® 2003
* Microsoft Office Excel 2003
Requisitos do sistemaSistemas operativos compatibles: Windows XP
Software requirido: A versión en Español de calquera paquete Office 2003, como por exemplo, a Edición Professional ou a Standard do Microsoft Office 2003, ou ben a versión en Español dun determinado programa do Office 2003 que soporte o Paquete de interface en Galego para o Office 2003 (Excel 2003, Outlook 2003, PowerPoint 2003, ou Word 2003). .
O Paquete de interface en Galego para Office 2003 tamén pode ser instalado por riba do Paquete de interface de usuario multilingüe para o Microsoft Office 2003 con soporte para Español.
Requisitos de espazo en disco: Ademais do espazo en disco utilizado polos programas do Office 2003 xa instalados, precísanse 10 megabytes (MB) de espazo no disco ríxido.