|
Temas
Archivos
Enlaces
blogs persoais
Otros
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2004.
11/05/2004
Rippack RipPack é unha completa ferramenta deseñada especialmente para pasar películas en DVD a CD, utilizando o cada vez máis extendido formato MPEG4 (coñecido tamén como DivX). Este programa incorpora unha sinxela interfaz que che da acceso ás súas diferentes funcións. Un asistente guiarache paso a paso ao longo do proceso de conversión de DVD a DivX. RipPack permitirache ripear o DVD ao teu disco duro para logo codificalo a formato MPEG4, e poder finalmente gravalo nun CD. A película resultante pódese visualizar en calquera PC cun lector de CD-ROM estándar e un reproductor multimedia calquera, con soporte para formato AVI. Este programa está adaptado para o seu uso co códec DivX 4.0 final. Recomendámosche que para convertir DVDs a DivX precisas bastante espacio de disco duro. NotaPara poñer o programa en galego debes baixalo antes da páxina do autor e de seguido descargar este arquivo e copialo no directorio do programa substituíndoo por outro do mesmo nome: "Rippack_lang.ini". MameLang32+ MAMELANG32+ é unha versión multilingüísta do MAME (Multi Arcade Machine Emulator) que emula mais de 3000 xogos dende o ano 1972, e algún anterior, ata 1999. Con el poderemos xogar cos clásicos dos salóns recreativos como o Tetris, PacMan, Bubble Bobble, Street Figther II, Arkanoid, Super Pang... Así ata máis de 3000 xogos. Para ter o MAME en Galego o primeiro que temos que facer é baixar a versión MAMELANG32+ dalgún dos seguintes sitios: http://www.emuxhaven.net/mame.shtml http://www.zophar.net/mame.htmlO MAMELANG32+ non é o programa en si, se non unha mellora. No caso de non ter outra versión do MAME no ordenador, o programa non funcionará xa que o MAMELANG32+ non ben provisto de certos arquivos .DLL precisos para o seu funcionamento, polo que deberemos baixar o MAME32 de calquera das páxinas anteriores ou ben de calquera outra como por exemplo: www.mame.net . Unha vez conseguimos carregar o programa temos que copiar os arquivos vn.ico e vn.lng que podes baixar dende aquí do seguinte xeito: Vn.ico copiámolo subtituindo ao arquivo existente no cartafol ICONS dentro do directorio onde se atopa o MAMELANG32+ Vn.lng copiámolo subtituindo ao arquivo existente no cartafol LANGS dentro do directorio onde se atopa o MAMELANG32+. Agora, dende o programa cargado, imos a OPTIONS e dentro destas a LANGUAGE e alí escollemos o idioma VIETNAMESE (A icona o delata). E xa o temos en Galego. A disfrutar!! Celestia Celestia é un programa educativo que reproduce virtualmente o noso Universo. Nel poderemos viaxar entre as estrelas, polo noso Sistema Solar, Sistemas Solares lonxanos, e incluso outras Galaxias. O Programa permítenos coñecer as constelacións, os planetas e as súas lúas, os cometas...; ata é quen de atopar e amosar eclipses. Proporciona múltiple información sobre os corpos celestes, órbitas dos planetas e asteroides, etc... E todo isto cunha grande calidade gráfica. Para baixar o programa da rede podedes ir á páxina do autor e baixar a versión 1.3.1, para a que é valida esta traducción. Para ter os menús do programa en galego basta con executar o autoestraíbel e descomprimilo no cartafol onde teñamos instalado Celestia substituíndo o arquivo executábel, os dous arquivos .CEL e os arquivos precisos dos cartafoles data e extras. Unha última recomendación: Poñer música ambiente (xa que o programa carece de son) mentres esteas a viaxar pola Galaxia.
12/05/2004
GrooveMechanic v2.5 GrooveMechanic é un programa moi útil para pasar as vellas cintas de casete e discos de vinilo a CD, xa que permite capturar as pistas de son de estos soportes e convertilas en formato .Wav; tamén é que de eliminar a maior parte dos ruidos e defectos de gravación dos casetes vellos, aumentando así a calidade acústica das pistas, que logo poderedes pasar a un CD de Audio. Podedes descargar a versión shareware do programa dende a páxina do autor. Tes que baixar a versión v2.5 para a que é válido o parche en galego que podes baixar dende aquí. Para instalalo tes que descomprimi-lo arquivo no cartafol onde teñas instalado o programa e substituir o arquivo executábel. Para ter a versión completa só tedes q vos rexistrar e pagar o prezo, e si sodes persoas malas malosas e delincuentes, buscar o serial pola rede e introducilo. GuitraPro 4 Guitar Pro é un excelente programa de tabulacións musicais con infinidade de posibilidades, moi útil tanto se estas a aprender a tocar instrumentos, xa que reproduce en MIDI as taboaturas que amosa en pantaia, e ademais dispón dunha grande biblioteca de pezas xa preparadas; como se eres un avanzado músico, xa que te servirá de moita axuda para compoñer as túas propias pezas. Podedes baixar a versión shareware dende a páxina do autor, ainda que hai quen dí que escribindo "Guitar Pro 4 full" no google podedes baixar a versión completa. Para ter o programa en galego, baixa o seguinte arquivo descomprimilo e copialo no cartafol GPL onde teñades instalado o programa, logo, ao comezar o programa, só teredes que elexir nas opcións de lingua o galego. Microbest CrackLock v3.81 Microbest CrackLock v3.81 é un programa freeware que nos permíte prolongar indefinidamente o periodo de proba dos programas shareware que presentan unha limitación temporal. O programa traballa facendolle crer ao programa que a data permanece constante. Sinxelo e eficaz. Para baixar o programa podedes facelo dende aquí e unha vez instalado podedes baixar a traducción ao galego dende aquí, e copialo no cartafol LANGUAGES dentro de onde estea instalado o programa e de seguido selecionar o idioma galego dende as opcións de linguas do programa. Unha vez recomezado Windows, todos os menús do programa aparecerán traducidos
13/05/2004
Traduccións do Windows98 ao Galego Estas traduccións foron feitas a partires das existentes xa na rede, ainda q modifiquei estas corrixindo pequenos erros "estéticos" como "BaleirarPapeleira deReciclaxe" por "Baleirar a Papeleira de Reciclaxe" e cousiñas así. Ademáis traducín máis arquivos do windows, polo q aparecen máis menús e programas en galego. Tedes q baixar un a un os distintos arquivos dende aquí e substitui-los de windows dende o modo MSDos. Recomendo encarecidamente facer unha copia de seguridade dos actuais arquivos q teñades. Os arquivos q tedes q baixar, atopanxe polo xeral no cartafol "windows" e no cartafol "Windows/System" (os de extensión .dll). Se tedes dúbidas consultademe. Os arquivos a baixar son os seguintes: Browselc.dll , Menús de windows. Calc.exe , a calculadora de Windows. Cdplayer.exe , o reproductor de cd. Command.com , o MSDos. Explorer.exe . O explorer do Windows Mspaint.exe . O Paint. Notepad.exe . O block de notas. Shd401lc.dll . Máis menús. Sndrec32.exe . A grabadora de sons. Sndvol32.exe . O control de volume. Wordpad.exe . O wordPad (editor de texto). O poño asi para q baixedes o q vos pete e o q non, pois non o baixedes. No caso de q traduza máis cousas do Windows as engadirei neste mesmo artigo.
|