martinho



Todo (case) o q aquí aparece é software traducido ao galego por min,as traduzóns son de difusión libre e sen ánimo de lucro, só pretende ser unha pequena axuda á supervivencia da nosa lingua; Aceptanse colaboracións.

Temas



Archivos

Enlaces

blogs persoais

Otros


Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2004.

01/09/2004

4Musics Multiformat Converter 1.3

4music.jpg4Music converter é un Shareware conversor entre cualquera combinación de arquivos de son MP3, Ogg, WAV e WMA, con opcións extra de edición
Algunhas das súas características son a conversión rápida, tanto de realización coma de preparación, un total de ata 16 posibilidades de conversión, non usa datos temporais para os procesos, conversión en masa mediante filtros, soporta a tecnoloxía Drag&Drop, edición dos TAG ID3v1, Engádese ao menú contextual, etc.

As posibilidades de conversión son:

WAV -> MP3 (MP3 codificador)
WAV -> WMA (WMA codificador)
WAV -> Ogg (Ogg Vorbis codificador)
MP3 -> WMA
MP3 -> WAV (MP3 decodificador)
MP3 -> Ogg
WMA -> MP3
WMA -> WAV (WMA decodificador)
WMA -> Ogg
Ogg -> MP3
Ogg -> WAV (Ogg Vorbis decodificador)
OGG -> WMA
WAV -> WAV (WAV cambio de bitrate)
MP3 -> MP3 (MP3 cambio de bitrate)
WMA -> WMA (WMA cambio de bitrate)
Ogg -> Ogg (Ogg cambio de bitrate)

Para baixar o programa preme aquí.
Para obter o programa en galego, baixa este arquivo e descomprimeo no catafol "lang" onde teñas instalado o programa, ao entrar no programa o galego aparecerá como opción dentro do menú "language"
01/09/2004 21:22 Enlace permanente. Tema: Audio No hay comentarios. Comentar.

02/09/2004

AMP Font Viewer

1_22365.jpgÉ un programa freeware visualizador de fontes de texto extraordinariamente práctico, có que podes ver todas as fontes que teñas instaladas no teu sistema dunha soa ollada, ordeadas por columnas nunha soa xanela.

Se o desexas, tamén podes visualizar as fontes unha por unha, nunha xanela aparte, có texto de exemplo, cor, tamaño e formato que queiras. Tamén permiteche organizalas por categorías e imprimir unha lista con exemplos de cada unha.

Tamén é quen de instalar temporalmente unha ou varias fontes para utilizalas no momento liberando deste xeito ao teu computador da carga que supón ter unha morea de fontes instaladas.

O programa non precisa instalación, simplemente descomprime este

arquivo e executa o programa, para telo en galego terá que ir ao menú languages e escoller o idioma "español".

P.D. Sinto non ser capaz de facer que poña "galego" en lugar de "español" e sobre todo, non dar eliminado a horríbel icona que acompaña, pero é o que hai.
02/09/2004 20:58 Enlace permanente. Tema: Utilidades Hay 1 comentario.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.

[Blogia apoya al Evento Blog España y los Premios Bitacoras.com 2008 | Medio Oficial: ADN.es]