martinho



Todo (case) o q aquí aparece é software traducido ao galego por min,as traduzóns son de difusión libre e sen ánimo de lucro, só pretende ser unha pequena axuda á supervivencia da nosa lingua; Aceptanse colaboracións.

Temas



Archivos

Enlaces

blogs persoais

Otros


Se muestran los artículos pertenecientes al tema Audio.

13/12/2004

Waver 2.92

waver-boxshot.gifPrograma Shareware que convirte wav a MP3, de xeito sinxelo e masivo.
Se queres descargar o programa, faino dende a páxina do autor.
Para ter o programa en galego só tes que descomprimir este arquivo no cartafol languages, onde teñas instalado o programa; despois aparecerá o galego na opción de idiomas disponíbeis.
13/12/2004 11:47 Enlace permanente. Tema: Audio No hay comentarios. Comentar.

01/09/2004

4Musics Multiformat Converter 1.3

4music.jpg4Music converter é un Shareware conversor entre cualquera combinación de arquivos de son MP3, Ogg, WAV e WMA, con opcións extra de edición
Algunhas das súas características son a conversión rápida, tanto de realización coma de preparación, un total de ata 16 posibilidades de conversión, non usa datos temporais para os procesos, conversión en masa mediante filtros, soporta a tecnoloxía Drag&Drop, edición dos TAG ID3v1, Engádese ao menú contextual, etc.

As posibilidades de conversión son:

WAV -> MP3 (MP3 codificador)
WAV -> WMA (WMA codificador)
WAV -> Ogg (Ogg Vorbis codificador)
MP3 -> WMA
MP3 -> WAV (MP3 decodificador)
MP3 -> Ogg
WMA -> MP3
WMA -> WAV (WMA decodificador)
WMA -> Ogg
Ogg -> MP3
Ogg -> WAV (Ogg Vorbis decodificador)
OGG -> WMA
WAV -> WAV (WAV cambio de bitrate)
MP3 -> MP3 (MP3 cambio de bitrate)
WMA -> WMA (WMA cambio de bitrate)
Ogg -> Ogg (Ogg cambio de bitrate)

Para baixar o programa preme aquí.
Para obter o programa en galego, baixa este arquivo e descomprimeo no catafol "lang" onde teñas instalado o programa, ao entrar no programa o galego aparecerá como opción dentro do menú "language"
01/09/2004 21:22 Enlace permanente. Tema: Audio No hay comentarios. Comentar.

12/05/2004

GrooveMechanic v2.5

grove.jpgGrooveMechanic é un programa moi útil para pasar as vellas cintas de casete e discos de vinilo a CD, xa que permite capturar as pistas de son de estos soportes e convertilas en formato .Wav; tamén é que de eliminar a maior parte dos ruidos e defectos de gravación dos casetes vellos, aumentando así a calidade acústica das pistas, que logo poderedes pasar a un CD de Audio. Podedes descargar a versión shareware do programa dende a páxina do autor. Tes que baixar a versión v2.5 para a que é válido o parche en galego que podes baixar dende aquí. Para instalalo tes que descomprimi-lo arquivo no cartafol onde teñas instalado o programa e substituir o arquivo executábel. Para ter a versión completa só tedes q vos rexistrar e pagar o prezo, e si sodes persoas malas malosas e delincuentes, buscar o serial pola rede e introducilo.
12/05/2004 12:28 Enlace permanente. Tema: Audio No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.

[Blogia apoya al Evento Blog España y los Premios Bitacoras.com 2008 | Medio Oficial: ADN.es]