
Celestia é un programa educativo que reproduce virtualmente o noso Universo. Nel poderemos viaxar entre as estrelas, polo noso Sistema Solar, Sistemas Solares lonxanos, e incluso outras Galaxias.
O Programa permítenos coñecer as constelacións, os planetas e as súas lúas, os cometas...; ata é quen de atopar e amosar eclipses. Proporciona múltiple información sobre os corpos celestes, órbitas dos planetas e asteroides, etc... E todo isto cunha grande calidade gráfica.
Para baixar o programa da rede podedes ir á
páxina do autor e baixar a versión 1.3.1, para a que é valida esta traducción.
Para ter os menús do programa en galego basta con executar o
autoestraíbel e descomprimilo no cartafol onde teñamos instalado Celestia substituíndo o arquivo executábel, os dous arquivos .CEL e os arquivos precisos dos cartafoles data e extras.
Unha última recomendación: Poñer música ambiente (xa que o programa carece de son) mentres esteas a viaxar pola Galaxia.