martinho



Todo (case) o q aquí aparece é software traducido ao galego por min,as traduzóns son de difusión libre e sen ánimo de lucro, só pretende ser unha pequena axuda á supervivencia da nosa lingua; Aceptanse colaboracións.

Temas



Archivos

Enlaces

blogs persoais

Otros


Se muestran los artículos pertenecientes al tema Utilidades.

03/12/2004

IZArc v 3.4

1_21466.jpgIZArc é un Freeware capaz de comprimir e descomprimir múltiples formatos. O seu uso é moi sinxelo, xa que se incorpora ao Internet explorer e a Windows.
formatos soportados:
7ZIP, ACE, AR, ARC, ARJ, BGA (GZA), BH, CAB, CPIO, Debian, ENC, GCA, GZ, HA, JAR, LHA, LHZ, MBF, MIM, PAK, PK3, RAR, RPM, TAR, TAZ, TBZ, TGZ, UUE, XXE, YZ1, Z, ZIP y ZOO.
Para baixar o programa visitade a páxina do autor. Para ter o programa en galego, descomprime este arquivo dentro do cartafol languages onde teñas instalado o programa. Agora o idioma galego aparecerá na opcións de lingua do programa e só tes q seleccionalo.
03/12/2004 19:09 Enlace permanente. Tema: Utilidades No hay comentarios. Comentar.

30/11/2004

Interface en galego Office 2003

o2003.jpgPor fín saíu, con meses de atraso, o paquete de traducción do Office 2003 ao galego, podédevos informar e baixalo dende a páxina de MocoSoft.

Traduce os seguintes programas:

* Microsoft Office Word 2003

* Microsoft Office Outlook® 2003

* Microsoft Office PowerPoint® 2003

* Microsoft Office Excel 2003

Requisitos do sistema

Sistemas operativos compatibles: Windows XP

Software requirido: A versión en Español de calquera paquete Office 2003, como por exemplo, a Edición Professional ou a Standard do Microsoft Office 2003, ou ben a versión en Español dun determinado programa do Office 2003 que soporte o Paquete de interface en Galego para o Office 2003 (Excel 2003, Outlook 2003, PowerPoint 2003, ou Word 2003). .

O Paquete de interface en Galego para Office 2003 tamén pode ser instalado por riba do Paquete de interface de usuario multilingüe para o Microsoft Office 2003 con soporte para Español.
Requisitos de espazo en disco: Ademais do espazo en disco utilizado polos programas do Office 2003 xa instalados, precísanse 10 megabytes (MB) de espazo no disco ríxido.
30/11/2004 19:11 Enlace permanente. Tema: Utilidades Hay 2 comentarios.

02/09/2004

AMP Font Viewer

1_22365.jpgÉ un programa freeware visualizador de fontes de texto extraordinariamente práctico, có que podes ver todas as fontes que teñas instaladas no teu sistema dunha soa ollada, ordeadas por columnas nunha soa xanela.

Se o desexas, tamén podes visualizar as fontes unha por unha, nunha xanela aparte, có texto de exemplo, cor, tamaño e formato que queiras. Tamén permiteche organizalas por categorías e imprimir unha lista con exemplos de cada unha.

Tamén é quen de instalar temporalmente unha ou varias fontes para utilizalas no momento liberando deste xeito ao teu computador da carga que supón ter unha morea de fontes instaladas.

O programa non precisa instalación, simplemente descomprime este

arquivo e executa o programa, para telo en galego terá que ir ao menú languages e escoller o idioma "español".

P.D. Sinto non ser capaz de facer que poña "galego" en lugar de "español" e sobre todo, non dar eliminado a horríbel icona que acompaña, pero é o que hai.
02/09/2004 20:58 Enlace permanente. Tema: Utilidades Hay 1 comentario.

18/06/2004

PDF Creator 0.8.0

PDFC.gifPDFCreator é unha utilidade Freeware coa que poderás crear arquivos PDF dende calquera aplicación, dende o Bloc de notas ata Word, Excel, etc.

Este programa funciona simulando unha impresora, deste xeito, instalando PDFCreator todas as túas aplicacións con opción para imprimir permitiranche crear arquivos PDF nuns segundos.

Para crear un arquivo PDF no fai faia que mudes a aplicación que estés a usar, simplemente vai á opción "imprimir" e selecciona "PDFCreator", en segundos tenrás creado o teu arquivo PDF. Rápido e sinxelo.
Baixa o Programa dende este
enlace.

Para telo en Galego, baixa o seguinte arquivo comprimido e descomprímeo no cartafol "Languages" onde teñas instalado o programa. Logo, entra no programa e a opción "Galego" aparecerá no menú "Language".
18/06/2004 19:49 Enlace permanente. Tema: Utilidades Hay 2 comentarios.

PC Inspector File Recover

file_recovery_03.jpgTrátase dun programa de licencia Freeware moi útil para recuperar arquivos e cartafoles perdidos dos nosos disquetes ou discos duros. Recupera arquivos e cartafoles de discos formatados con formato rápido, borrados, perdidos...
Tamén é que de recuperar unidades perdidas que non sexan recoñecidas polo sistema.
Tedes que ter instalado o programa orixinal, que podes baixar dende aquí. E acontinuación instalades o Pack de Idioma Galego.
E xa o tedes.
18/06/2004 19:39 Enlace permanente. Tema: Utilidades Hay 1 comentario.

12/05/2004

Microbest CrackLock v3.81

microbest.jpgMicrobest CrackLock v3.81 é un programa freeware que nos permíte prolongar indefinidamente o periodo de proba dos programas shareware que presentan unha limitación temporal. O programa traballa facendolle crer ao programa que a data permanece constante. Sinxelo e eficaz.
Para baixar o programa podedes facelo dende aquí e unha vez instalado podedes baixar a traducción ao galego dende aquí, e copialo no cartafol LANGUAGES dentro de onde estea instalado o programa e de seguido selecionar o idioma galego dende as opcións de linguas do programa. Unha vez recomezado Windows, todos os menús do programa aparecerán traducidos
12/05/2004 12:29 Enlace permanente. Tema: Utilidades Hay 17 comentarios.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.

[Blogia apoya al Evento Blog España y los Premios Bitacoras.com 2008 | Medio Oficial: ADN.es]